As mestras do Departamento de Orientación deséxanvos unhas festas moi felices e un aninovo cheo de ventura.
Blog do Departamento de Orientación da Escola Infantil do Milladoiro (Ames)
The gate_ Hockney

lunes, 20 de diciembre de 2010
martes, 30 de noviembre de 2010
OS DEREITOS DOS NENOS E DAS NENAS
O pasado día 20 de novembro celebramos os dereitos dos nenos, o que nos da motivo para editar esta entrada.
Sabes o que son os dereitos? todas as persoas homes ou mulleres nenos ou nenas,grandes ou pequenos, dun país ou doutro, de calquera cor , con linguas diversas, con capacidades distintas, con distintas maneiras de pensa, ou de querer, temos os mesmos dereitos , por que? Porque todos somos seres humanos e polo tanto gozamos de dereitos que ninguén nos pode arrebatar ou ignorar.
As nenas e os nenos temos dereitos feitos a nosa medida e son tan importantes que para que sexan respectados en calquera lugar do mundo os Gobernos reuníronse en novembro de 1989 e firmaron un importante documento no que se comprometían a protexelos e a facer todo o posible para que se cumpran.
Queres coñecer algúns deses dereitos?

- As nenas e os nenos temos deeito a igualdade na escola, na casa , na rúa...
- As nenas e os nenos temos dereito a recibir unha educación de calidade que nos fale da participación das mulleres na historia , na mediciña, na arte...- As nenas e os nenos temos dereito a xogar, a practicar deportes a vestirnos libremente sen que nos impoñan que debemos facer por ser neno ou nena.
- As nenas e os nenos temos dereito a vivir en paz e sen violencia
- As nenas e os nenos podemos soñar co que queiramos ser de maiores, porque non hai profesións máis indicadas para as nenas ou para os nenos .
- As nenas e os nenos podemos expresarnos con liberdade sen sentir que hai formas máis adecuadas para as nenas que para os nenos.- As nenas e aos neneos gústanos que nos mombren e nos recoñezan na linguaxe.
-As nenas e os nenos queremos aprender a coidarnos e a coidar a outras persoas, porque é importante para a vida.
- As nenas e os nenos temos dereito a expresar as nosas opinións e a que se nos escoite.
- As nenas e os nenos temos dereito a participar para que o mundo sexa cada día un pouco mellor.
Non esquezas que os nenos e as nenas temos os mesmos dereitos e as mesmas obrigas
martes, 16 de noviembre de 2010
A ORIENTACIÓN ESCOLAR
Somos conscientes de que este termo pode dar lugar a moitas confusións, imos tratar de definila da forma o máis clara posible.
Enténdese a orientación escolar como un proceso que inclúe a toda a comunidade educativa, que comeza desde a escolarización do neno e da nena e remata ó finalizalas ensinanzas non universitarias. Este proceso abrangue a toda a comunidade escolar e trátase dun proceso que integra aspectos relativos ó desenvolvemento persoal, ós procesos de ensino-aprendizaxe e a toma de decisións.Polo tanto, a nosa finalidade é favorecer o desenvolvemento integral dos nosos nenos e nenas, o que implica que a nosa labor se desenvolverá en estes sectores: evolución persoal dos alumnos, asesoramento ás familias, ao profesorado e ao centro.Trataremos que as nosas entradas teñan que ver con estes sectores e sexan do seu interese.
viernes, 5 de noviembre de 2010
NACE O BLOG DE ORIENTACIÓN
As mestras do Departamento de Orientación da
Pretendemos facer deste sitio un lugar de encontro desde o que difundir e comentar todas as ideas que podan ser de interese para a nosa comunidade educativa.
viernes, 29 de octubre de 2010
Suscribirse a:
Entradas (Atom)