The gate_ Hockney

The gate_ Hockney

lunes, 20 de diciembre de 2010

Bo Nadal!





As mestras do Departamento de Orientación deséxanvos unhas festas moi felices e un aninovo cheo de ventura.

martes, 30 de noviembre de 2010

OS DEREITOS DOS NENOS E DAS NENAS

O pasado día 20 de novembro celebramos os dereitos dos nenos, o que nos da motivo para editar esta entrada.
Sabes o que son os dereitos? todas as persoas homes ou mulleres nenos ou nenas,grandes ou pequenos, dun país ou doutro,  de calquera  cor , con linguas diversas, con  capacidades distintas, con distintas maneiras de pensa, ou de querer, temos os mesmos dereitos ,  por que?  Porque todos somos  seres humanos e polo tanto gozamos de dereitos que ninguén nos pode arrebatar ou  ignorar.

As nenas e os nenos temos dereitos feitos a  nosa  medida e son tan  importantes que para que sexan  respectados en calquera  lugar do mundo os  Gobernos   reuníronse  en  novembro de 1989 e  firmaron  un  importante documento  no que se comprometían  a  protexelos e a facer todo o posible para que se cumpran.


Queres coñecer algúns deses dereitos?
- As nenas e os nenos temos deeito a igualdade na escola, na casa , na  rúa...
- As nenas e os nenos temos dereito a recibir unha educación de calidade que nos fale da participación das mulleres na historia , na mediciña, na arte...
- As nenas e os nenos temos dereito a xogar, a practicar deportes a vestirnos libremente sen que nos impoñan que debemos facer por ser neno ou nena.
- As nenas e os nenos temos dereito a vivir en paz e sen violencia
- As nenas e os nenos podemos soñar co que queiramos ser de maiores, porque non hai profesións máis indicadas para  as nenas ou para os nenos .
- As nenas e os nenos podemos expresarnos con liberdade  sen sentir que hai formas máis adecuadas para  as nenas que para os nenos.
- As nenas e aos neneos gústanos que nos mombren  e nos recoñezan na linguaxe.
-As nenas e os nenos queremos aprender a coidarnos e a coidar a outras persoas, porque é importante para a vida.
- As nenas e os nenos temos dereito a expresar as nosas opinións e a que se nos escoite.
- As nenas e os nenos temos dereito a participar para que o mundo sexa cada día un pouco mellor.

Non esquezas que os nenos e as nenas temos os mesmos dereitos e as mesmas obrigas

martes, 16 de noviembre de 2010

A ORIENTACIÓN ESCOLAR

Somos conscientes de que este termo pode dar lugar a moitas confusións,   imos tratar de definila da forma o máis clara posible.


    Enténdese a orientación escolar como un  proceso  que    inclúe a toda a   comunidade educativa, que comeza desde a escolarización do neno e da nena e remata ó finalizalas ensinanzas non universitarias. Este proceso abrangue a toda a comunidade escolar e trátase dun proceso que integra aspectos relativos ó desenvolvemento persoal, ós procesos de ensino-aprendizaxe e a toma de decisións.Polo tanto, a nosa finalidade é favorecer o desenvolvemento integral dos nosos nenos e nenas, o que implica que a nosa labor se desenvolverá en estes sectores: evolución persoal dos alumnos, asesoramento ás familias, ao profesorado e ao centro.Trataremos que as nosas entradas teñan que ver con estes sectores e sexan do seu interese.

viernes, 5 de noviembre de 2010

NACE O BLOG DE ORIENTACIÓN

As mestras do Departamento de Orientación da
E.E.I.Milladoiro dámosvos a benvida ao noso blog.
Pretendemos facer deste sitio un lugar de encontro desde o que difundir e comentar todas as ideas que podan ser de interese para a nosa comunidade educativa.